Blogia
ChanteiroBlog de

As Illas Mirandas de Ares

As Illas Mirandas de Ares

As illas Mirandas son uns illotes que se atopan na ría de Ares.

Están situadas entre Ares e Cervás en fronte da costa de Perbes.

Son dous, rodeadas de múltiples peñascos e forman unha prolongación da costa, adentándose no mar varios centenares de metros.
Os seus nomes: Pequena e Grande.
A Pequena está máis próxima a terra firme que a Grande, e ata se pode chegar un ata alí con marea baixa e o mar acougado. Pero a verdade é que a marea ten que ser moi viva para poder pisar o illote.
Á Grande só se accede cunha embarcación. Os pescadores saben ben disto, posto que as illas prolónganse cara a adiante formando outro peñasco máis, chamado Ovo.
E aínda máis adiante, o mar rompe en dous baixos en verdade moi perigosos. O primeiro deles é o coñecido polo nome da Laxe ou Laxiña, e o segundo por Esteo. Ambos os situados varios centos de metros mar dentro, constituíndo un risco para a navegación, e veñen sinalados nas cartas mariñas, aínda que co nome de Baixos Mirandas.

Fai moitos anos un raparigo saltou desde unha pequena embarcación ás rocas, parece que escorregou e caeu, perecendo afogado.

Existe a lenda de que nas proximidades hai un barco afundido, pero segundo os mariñeiros de Ares, en realidade trátase dun submarino alemán, que foi atacado e botado a pique no ano 1942, pero non nas proximidades das Mirandas, senón fronte á xa afastada praia de Chanteiro. Se isto fose certo, a lenda desvanecíase perdéndose no tempo e abría as portas a un posible navío prehistórico.

Nas proximidades destes illotes existen nécoras, centola e algún lumbrigante, ademais é zona rica en pesca para cana sobre todo robaliza.
Aínda que actualmente todo está bastante esquilmado.
Por esta zona quedaron restos dos sinistrados Urquiola e Viking, con ampla resonancia na prensa e de cuxas catástrofes foron testemuñas estas Illas Mirandas.

Merece a pena visitar esta zona pola fermosura da paisaxe, contemplando o cantil cortado a pico na illa Grande e as súas arrefeces e baixos.

Outra lenda refírese á sirena das Mirandas.

"Na mitoloxía grega, as sirenas eran concibidas como seres fabulosos coa parte inferior do corpo dun ave, e coa superior dunha muller alada. Así as describe Homero ás que lle cantan a Ulises na súa viaxe de Troia a Ítaca.

Pero a sirena que nadaba polos mares de Ares era moi distinta ás gregas. Igual que as que contan que visen por toda Europa xa desde a Idade Media , a nosa era unha sirena mariña. Ata a cintura , muller, de beleza e atractivo como as princesas dos contos. De aí para abaixo era un peixe cunha cola rosada e chea de escamas de prata, que recordaba na cor a un salmonete xigante.

Era unha sirena inqueda e faladora, e dáballe por charlar con gaivotas e corvos mariños, que lle contestaban cos seus berros incomprensibles. Algunhas veces, xogaba no medio dun banco de peixes ou cos golfiños que visitaban a ría.

Logo quedaba soa e pensativa, e íase a tomar o sol polas praias de Perbes e de Centroña e polas do oeste de Ares. Pero sempre se tiña que mergullar no mar cando chegaban persoas. Frecuentaba as desertas illas Mirandas, aínda que por alí tamén pasaban pescadores a roubar un pouco de aceite de abóiaa e quentar co a comida. Por que asustaba á xente? Non podería ser ela unha rapariga normal?.

Un día foi sorprendida nunha praia por un fidalgo dos máis poderosos de Galicia, que quedou totalmente namorado. casou en segredo con ela e levouna para casa. Co paso do tempo lonxe do mar, caéronlle as escamas e a pel da cola e puido por fin ter fillos. Nunca máis se sentiu soa a sirena das Mirandas.

0 comentarios