Blogia
ChanteiroBlog de

Balcóns e fachadas singulares de Ares, típicas e peculiares dun pobo mariñeiro

Nun principio Ares era un porto, cunha situación estratéxica, dedicado á pesca. Moitas das casas manteñen aínda ese aspecto mariñeiro. A casa típica era unha construción de dúas plantas. Na fachada principal había un balcón corrido e voado sobre ménsulas de madeira ou pedra, necesario para colgar as redes dos barcos que saían á pesca de baixura. As paredes eran de mampostería revogadas en branco con toques chillóns nas partes de madeira (balaústre, portas e fiestras). Os tellados cubríanse con teza do país.

A vila mariñeira esténdese lonxitudinalmente ao longo dun paseo que se atopa fronte ao mar. Nela, se entremixturan casas modernas e modernistas coas máis antigas de estilo xudeu, un dos poucos restos da importante colonia hebrea que se estableceu no século XV.

Balcóns típicos de Ares

 

Fachadas singulares de Ares

FERROL ANTIGUO



Create Your Own

 

 

..... Y FERROL MODERNO

 

2 comentarios

Xosé -

O meu nome é Xosé Torrente, son o autor dos vídeos "Balcóns típicos de Ares" de "Fachadas singulares", feiros a partir dunhas imáxes cedidas por un amigo e foi unha verdadeira ledicia atopalos nesta páxina, canto máis se espallen, mellor. Son aresán de elección e este era un pobo moi fermoso que agora con unha desfeita na construcción están a emporcallar.

gustavo seijas garcia -

quiero saber que paso con la casa de mis abuelos,con trreno incluido, mi abuelo se llamaba francisco garcia y mi abuela pilar cartelle mi madre pilar garcia cartelle